DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2023 Páx. 71115

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle na Farixa.

En cumprimento do acordo adoptado pola Xunta de Goberno local e de conformidade co artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, así como no artigo 194.2 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao de la publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública, quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición das persoas interesadas na sede electrónica deste concello: http://sancibrao.sedelectronica.es

Así mesmo, suspéndese o outorgamento das seguintes licenzas nas áreas afectadas polo estudo de detalle e cuxas novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente, que son as seguintes:

Áreas obxecto de suspensión de licenzas

Tipo de licenza

Parcelas de referencias catastrais 32076A001000840000UE e 32076A001000850000US

Licenza de parcelación de terreos, edificación e demolición.

A duración da suspensión é dun ano.

Se transcorrido o dito prazo non se presentan alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.

San Cibrao das Viñas, 21 de decembro de 2023

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa