DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2023 Páx. 71024

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o acceso á escala administrativa, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 25 de agosto de 2023 (DOG do 6 de setembro), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza na escala administrativa, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 28 de setembro de 2023 (DOG do 6 de outubro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.5 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o 8 de febreiro de 2024, ás 9.00 horas, na sala de xuntas da Casa da Balconada (Rúa Nova, núm. 6, Santiago de Compostela). Non se realizará o primeiro exercicio dado que todas as persoas aspirantes acreditan coñecemento de galego.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuarase polo tribunal no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web mencionada no punto segundo, así como en calquera outro lugar que considere oportuno.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela