DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2023 Páx. 70886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 13 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2023/0407-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se poidan practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles que, de non interporen recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, e utilizarán necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes: aboaranse antes do 20 do mes seguinte da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes: aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, realizarase exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 13 de decembro de 2023

Pedro Pablo Lorenzo Díaz
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Acta inf. nº

NIF

Concello

Materia

Data da resolución

RL 2023/0407-1

I152023000069644

49933324W

Ferrol

Relacións laborais

5.12.2023