DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2023 Páx. 70350

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 11 de decembro de 2023 polo que se notifica a resolución de arquivamento do expediente PON/31/2015-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o día 15 de novembro de 2023 ditou a resolución pola que se arquiva o expediente de reposición da legalidade urbanística número PON/31/2015-RP1.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da dita resolución á persoa interesada co documento nacional de identidade número 35378083N, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada o devandito requirimento, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante a dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun (1) mes desde a súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente de acordo co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación. Se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata a resolución expresa daquel ou ata a súa desestimación por silencio administrativo. Todo isto, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística