DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2023 Páx. 70261

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 13 de decembro de 2023 pola que se resolve a convocatoria do procedemento de integración no corpo de profesorado de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED021A no período que abrangue desde o 21 de agosto de 2023 ata o 20 de novembro de 2023), convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 18, do 26 de xaneiro).

A Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, na súa disposición adicional décimo primeira, punto primeiro, na redacción dada pola Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración da formación profesional, regula a integración de profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional no corpo de profesores de ensino secundario.

En desenvolvemento da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, ditouse o Real decreto 800/2022, do 4 de outubro, que regula a integración do profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional no corpo de profesores de ensino secundario, modifica diversos reais decretos relativos ao profesorado de ensinanzas non universitarias e constitúe o marco común básico normativo da regulación do procedemento para a integración do profesorado do corpo de profesores técnicos de formación profesional, para extinguir, no corpo de profesores de ensino secundario que van desenvolver as diferentes administracións educativas competentes, determinando os requisitos, efectos e o procedemento para executar a dita integración.

Para os efectos de dar cumprimento ao mandato de desenvolvemento do procedemento de integración que establece o citado real decreto, esta Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023, realizou unha nova convocatoria do procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesorado técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesorado de ensino secundario (código de procedemento ED021A) (DOG nº 18, do 26 de xaneiro).

A citada orde ten por obxecto convocar un procedemento aberto que abrangue desde o 27 de xaneiro de 2023 ata o 19 de xaneiro de 2026 para que o profesorado funcionario de carreira do corpo, para extinguir, de profesorado técnicos de formación profesional, que reúna os requisitos e cumpra as condicións establecidas na citada orde, poida integrarse no corpo de profesorado de ensino secundario, de conformidade coa normativa básica establecida polo Real decreto 800/2022, do 4 de outubro.

Posteriormente, mediante a Resolución do 11 de decembro de 2023, da Comisión designada neste procedemento, como órgano de instrución previsto na base oitava da citada orde, resolve, entre outros termos, de conformidade coas atribucións conferidas na base novena da dita orde, aprobar e publicar a proposta de integración no corpo de profesorado de ensino secundario daquelas persoas que se relacionan no anexo I da citada resolución, así como elevar a citada proposta ao órgano de resolución, isto é, á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades con respecto ás solicitudes formuladas no marco do procedemento ED021A no período que abrangue desde o 21 de agosto de 2023 ata o 20 de novembro de 2023, convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023.

Consonte o que antecede e para os efectos de dar cumprimento á base décimo segunda da Orde do 17 de xaneiro de 2023, e á vista da proposta da Comisión designada efectuada mediante a Resolución do 11 de decembro de 2023, esta Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades

DISPÓN:

Primeiro. Acoller, en todos os seus termos, a proposta efectuada pola Comisión designada mediante a Resolución do 11 de decembro de 2023.

Segundo. Declarar, ao persoal funcionario de carreira do corpo, para extinguir, de profesorado técnico de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, que se relaciona no anexo I desta orde, o dereito á integración no corpo de profesorado de ensino secundario na especialidade e na data de efectividade que se detalla no citado anexo.

Terceiro. Facultar a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar todas as medidas que sexan precisas para o correcto desenvolvemento desta orde.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición, perante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO I

Relación definitiva de persoas solicitantes propostas no procedemento de integración para integrarse no corpo de profesorado de ensino secundario
Orde do 17 de xaneiro de 2023 (código de procedemento ED021A)
(DOG núm. 18, do 26 de xaneiro)

DNI

Apelidos e nome

Especialidade proposta para a integración no
corpo de PES

Data de efectividade

***6562**

Andújar Mato, Marcos

590227-Sistemas e Aplicacións Informáticas

1.9.2023

***2940**

Diz Peleteiro, Patricia

590218-Peiteado

12.11.2023