DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2023 Páx. 70344

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia sobre a resolución de inmobilización de explotación equina.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Gandaría da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, nº 70, 1º baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 11 de decembro de 2023

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento: rexistro galego de explotacións equinas.

Persoa interesada: 34288503B.

Acto notificado: resolución de inmobilización da explotación equina con Rega ES270280357801.