DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2023 Páx. 70134

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 11 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifica aos interesados a constitución do depósito de pagamento do prezo xusto acordado mediante a resolución do Xurado de Expropiación de Galicia polas afeccións derivadas da construción dunha instalación eléctrica no concello de Maside (expediente IN407A 2021/35-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar ...» mediante este anuncio cítanse os titulares dos predios relacionados no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma.

As persoas titulares ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, nas dependencias desta xefatura territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Tamén poden solicitalo por correo postal. En ambos casos deben acompañar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que os acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Ourense, 11 de decembro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/35-3.

Instalación: LMTA, CTI e RBTA Faquín.

Concello: Maside.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Nº de predio

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

2

Hermida

32046A005003990000GX

Descoñecido

Titular descoñecido

4

Hermida

32046A005004010000GI

Descoñecido

Titular descoñecido

7

Hermida

32046A005004020000GJ

Descoñecido

Titular descoñecido

11

Hermida

32046A005004090000GA

Descoñecido

Titular descoñecido

12

Hermida

32046A005004100000GH

Descoñecido

Titular descoñecido

16

Hermida

32046A005004140000GY

Descoñecido

Titular descoñecido

17

Hermida

32046A005004150000GG

Descoñecido

Titular descoñecido