No taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ourense atópase expostas as bases da convocatoria para a provisión, en comisión de servizos, polo prazo dun ano, salvo provisión definitiva, do posto número 380 da RPT, denominado técnico/a de Xuventude e Voluntariado.
Así como se procedeu á súa publicación no Boletín Oficial da provincia de Ourense, número 281, do 9 de decembro de 2023.
O prazo de presentación de instancias será, de conformidade coa base quinta, de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ourense.
Ourense, 12 de decembro de 2023
Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente