DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2023 Páx. 69818

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Mar

ORDE do 12 de decembro de 2023 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e no Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 30 de outubro de 2023 (DOG núm. 213, do 9 de novembro).

Segundo. Adxudicar destino no posto de traballo que se indica á persoa que se relaciona no anexo da presente orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Terceiro. O cesamento no actual destino da persoa que obtivo a praza producirase, segundo o previsto no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario oficial de Galicia ou segundo o establecido na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres (3) días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento se non implica cambio de residencia ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.

Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes desde a publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lle concedesen ás persoas designadas. No caso de incapacidade temporal, o prazo iniciarase a partir da data de alta.

Cuarto. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como o/a daquel en que obteña destino, efectuarán dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2023

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar

ANEXO

Apelidos e nome: Casal Espido, Pablo.

NRP: ******7846 A2060.

Subgrupo: A/A1.

Denominación do posto: subdirector xeral de Competitividade da Cadea Mar-Industria.

Código: PE.C03.00.001.15770.001.

Nivel: 30.

Centro de destino: Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

Localidade: Santiago de Compostela.

* O NRP amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.