DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2023 Páx. 69691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de novembro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade da concesión dun caudal de auga no concello de Vila de Cruces (expediente DH.A36.78818).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 30 de marzo de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidade de Usuarios e Regadores de Pastoriza unha concesión de 2.755,65 m³ anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar de Pastoriza, da parroquia de Carbia (San Xoán), no concello de Vila de Cruces (Pontevedra), con destino a uso doméstico, gandeiro e rega.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións