DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2023 Páx. 69698

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Couso

ANUNCIO de convocatoria da asemblea xeral extraordinaria para a adaptación dos estatutos á lexislación vixente.

Xoaquín Ánxel Manuel Xosé de Acosta Beiras, como veciño da rúa das Vacarías, núm. 10, no lugar de Couso, parroquia de Santiago de Morgadáns, no concello de Gondomar (Pontevedra), por medio deste anuncio convoco a todos os usuarios de augas á Xunta Xeral extraordinaria da Comunidade de Usuarios de Couso, que terá lugar o 21 de xaneiro de 2024, ás 10.30 e ás 11.00 horas, en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, na Casa Veciñal de Couso, no lugar da Boucía, núm. 3A, e coa seguinte orde do día:

1.1. Adaptación dos estatutos da comunidade, de acordo co disposto no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas.

1.2. Preguntas e suxestións.

Couso, 22 de novembro de 2023

Xoaquín Ánxel Manuel Xosé de Acosta Beiras
Presidente da Comunidade de Usuarios de Couso