DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2023 Páx. 69605

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade de resolucións de modificación de autorizacións ambientais integradas e a correccións de erros.

De conformidade co disposto no artigo 24.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: centro de tratamento de residuos

Procedemento: modificación da autorización ambiental integrada

Titulares: Recuperaciones Ecolex, S.L.U.

PreZero Gestión de Residuos, S.A. y Recuperaciones Ecolex, S.L.U. UTE

Núm. de rexistro AAI: 2017-IPPC-132-338

Localización: concello de Padrón (A Coruña)

Expediente: 2023-IPPC-M-61

Instalación: granxa de porcas reprodutoras

Procedemento: modificación da autorización ambiental integrada

Titular: Cooperativas Orensanas, S.C.G.

Núm. de rexistro AAI: 2007/0088_NAA/IPPC_111

Localización: concello de Parada de Sil (Ourense)

Instalación: planta de fabricación de conservas

Procedemento: modificación da autorización ambiental integrada

Titular: Calvo Conservas, S.L.U.

Núm. de rexistro AAI: 2012-IPPC-14-259

Localización: concello de Carballo (A Coruña)

Expediente: 2023-IPPC-M-30

Instalación: planta de produción eléctrica a partir de biomasa

Procedemento: modificación non substancial

Titular: Greenalia Biomass Power Curtis Teixeiro, S.L.U.

Núm. de rexistro AAI: 2017-IPPC-42-312

Localización: concello de Curtis (A Coruña)

Expediente: 2023-IPPC-M-67

Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático