DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2023 Páx. 69674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 21 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS626F (expediente 15002002823R e dous máis) e BS618D (expediente 15057000423E e catro máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación dos requirimentos de emenda das solicitudes ditados nos procedementos no último domicilio das persoas interesadas citadas nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndolles que, de non facelo, entenderase efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada a súa publicación no BOE.

Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos contado desde o día seguinte á súa notificación por comparecencia sen ter realizada a emenda, teranse por desistidas das súas solicitudes logo de ditar a correspondente resolución atendendo ao establecido nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 21 de novembro de 2023

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS626F

Nº de expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15002002823R

44830499A

Requirimento de emenda da solicitude

17.10.23

15030046523R

Y7089402B

Requirimento de emenda da solicitude

23.10.23

15030047223R

X3542935S

Requirimento de emenda da solicitude

26.14.23

ANEXO II

Procedemento BS616D

Nº de expediente

DNI/NIE/ID

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15057000423E

33202912K

Requirimento de emenda da solicitude

25.10.23

15030024723E

60193351M

Requirimento de emenda da solicitude

13.10.23

15078019323E

I20011797

Requirimento de emenda da solicitude

20.9.23

15005006923E

I20011950

Requirimento de emenda da solicitude

23.10.23

15030033323E

Y7976677S

Requirimento de emenda da solicitude

16.10.23