DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2023 Páx. 69659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 20 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acto administrativo ditado no procedemento BS210A (expediente CO-86921).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación da proposta de resolución do procedemento de reintegro da prestación económica ditada pola xefatura territorial no último domicilio da persoa interesada, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselle á persoa citada no anexo, ou a través da persoa que a represente debidamente acreditada, para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, acuda ao Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Concepción Arenal, núm. 7 e 9 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido íntegro do dito acto administrativo.

A notificación entenderase producida o día da comparecencia e, no caso de non se presentar, desde a finalización do prazo de dez (10) días hábiles indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A proposta que se notifica outórgalle á persoa interesada un prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación, efectuada por comparecencia, para presentar as alegacións ou os documentos que considere convenientes, así como as alternativas que procedan, de conformidade co disposto na norma reguladora do procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

A Coruña, 20 de novembro de 2023

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS210A

Número de expediente

DNI

Contido do acto

Data documento

CO-86921

32269214F

Proposta de resolución de reintegro da prestación

18.8.2023