DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2023 Páx. 69146

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 4 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lles notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Riotorto (expediente IN407A 2023/86-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a declaración de utilidade pública do proxecto denominado peche de anel LAT 20 kV entre LAT Fonsagrada 1 e LAT Pontenova (CT Galegos-CT Lourido) (Riotorto), segundo se sinala no cadro anexo.

Asemade, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/riotorto

Lugo, 4 de decembro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de peche
de anel LAT 20 kV entre LAT Fonsagrada 1 e LAT Pontenova
(CT Galegos-CT Lourido) (Riotorto)

Concello: Riotorto (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/86-2.

Predio nº

Polígono

Parcela

Ref. catastral

Lugar

Termo municipal

Datos propietarios (nome)

Tipo cultivo

LATA

Superficie afectada polo voo (m2)

Anotación correos

2

11

1260

27054G01101260

Sus Cortiñas

Riotorto

Gómez González, María Pilar

Prado

41

Enderezo incorrecto

3

11

1259

27054G01101259

Sus Cortiñas

Riotorto

Gómez González, María Pilar

Prado

268

Enderezo incorrecto