DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2023 Páx. 68656

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2023, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades que se celebren no sector do libro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT221A).

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade da publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención. Así mesmo, segundo o artigo 15 da orde de convocatoria, as resolucións administrativas publicaranse no Diario Oficial de Galicia e no portal https://www.cultura.gal

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 10.40.432A.770.01 do procedemento CT221A para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades celebradas no sector do libro no ano 2023.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO I

Entidade beneficiaria

Ámbito xeográfico solicitado

Importe axuda

Carlos Ignacio Labraña Barrero

Valencia

500,00 €

Editorial Colex, S.L.

Liber Madrid 2023

500,00 €

Mª Estíbaliz Espinosa Río

Bélxica

Italia (Perugia)

900,00 €

900,00 €

Yolanda Castaño Pereira

México (Chiapas)

1.600,00€