DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2023 Páx. 68900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica unha resolución dun procedemento sancionador en materia de recuperación da terra agraria de Galicia no concello do Pino.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

REC

Nome/DNI

Acto que se notifica

REC-CO-44-2023-AGR

33288143J

Resolución procedemento sancionador