DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2023 Páx. 68529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución apoio 9SMXWQ71//60-A2 da LMT ROS806 e instalación RC, no concello do Rosal, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/102-4).

A instalación denominada substitución apoio 9SMXWQ71//60-A2 da LMT ROS806 e instalación RC foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 6 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 16 de xaneiro de 2024, a partir das 12 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello do Rosal.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lles comunicarán a data e a hora en que se deberán presentar nos seus predios, informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Vigo, 20 de novembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

anexo

Substitución apoio 9SMXWQ7160A2 da LMT ROS806 e instalación RC

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

1

36048B505008170000UE

Fontes

Descoñecido

1

1,44