DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2023 Páx. 68524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 30 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador en materia de pesca PES-LU-0019/2023-V.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70-2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 30 de novembro de 2023

Jesús Montouto González
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: PES-LU-0019/2023-V.

NIF: Y7246827R.

Acto notificado: acordo de inicio.