DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2023 Páx. 68561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 30 de novembro de 2023, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente VI482F3600963 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentadas as notificacións persoais nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo director xeral do IGVS.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberanse efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 30 de novembro de 2023

Margarita Cabaleiro Viñas
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

1. Expediente: VI482F3600963.

DNI: 34876717T.

Acto obxecto de notificación: resolución de concesión da axuda.

2. Expediente: VI482F3600886.

DNI: Z0297673N.

Acto obxecto de notificación: resolución de concesión da axuda.

3. Expediente: VI482F3600092.

DNI: 36108143Y.

Acto obxecto de notificación: resolución de concesión da prórroga.

4. Expediente: VI482F3600977.

DNI: 35490785Z.

Acto obxecto de notificación: resolución de inadmisión.