DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2023 Páx. 68382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 25 de outubro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade da concesión dun caudal de auga no concello de Marín (expediente DH.A36.52208).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 9 de marzo de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidade de Regadores de Amoladoiros unha concesión de 870,04 m³ anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar de Amoladoiros, da parroquia de Marín (San Xián), no concello de Marín (Pontevedra), con destino a rega.

Expediente: DH.A36.52208.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións
e Concesións