DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2023 Páx. 68332

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 28 de novembro de 2023 pola que se resolve parcialmente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada mediante a Orde do 27 de setembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 190, do 5 de outubro).

Unha vez convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Política Social e Xuventude, mediante a Orde do 27 de setembro de 2023 (DOG núm. 190, do 5 de outubro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Orde do 27 de setembro de 2023.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino a funcionaria está desfrutando dun período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia; no prazo de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia, ou dun mes, se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa a funcionaria, así como o daquel en que obteña destino, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2023

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude

ANEXO

Apelidos e nome: García Eijo, Felicita Marlene.

NRP: ****311413 A1135.

Grupo: C1.

Corpo/escala: corpo xeral administrativo da Administración do Estado.

Denominación do posto: director/a administrador/a.

Código: PS.C99.40.801.27085.001.

Nivel: 25.

Dependencia: Residencia de Maiores (Burela).

Localidade: Burela.