DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2023 Páx. 68388

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 29 de novembro de 2023, da Área Provincial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente LU-652, conta 20.

Ante a imposibilidade da notificación persoal nos termos establecidos nos artigos 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, e o lugar de comparecencia será na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, rúa Ramón Ferreiro, núm. 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 29 de novembro de 2023

Marco Antonio Fernández Piñeiro
Xefe da Área Provincial de Lugo

ANEXO

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto da notificación

Herdeiros de Carmen Rodríguez Leirado

...328E

Notificación da resolución pola que se acorda resolver o contrato de arrendamento dunha vivenda de promoción pública por falecemento do adxudicatario.

Expediente LU-652, conta 20