DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2023 Páx. 68134

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 15 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Allariz (expediente IN407A 2023/136-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: adecuación LMTA DC ALL803-ALL804 lugar de Campiñas (Allariz).

Situación: lugar de Campiñas, concello de Allariz.

Características principais recollidas no proxecto:

– Desmontaxe de varios tramos LMTA existente DC ALL803-ALL804.

– LMTS proxectada, DC, de 629 m de lonxitude, a 20 kV, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, con orixe no apoio proxectado núm. D4-1 do tipo C-16/7000 da LMTA DC ALL803-ALL804 e final no apoio proxectado núm. 10-1 do tipo C-14/4500 da LMTA DC ALL803-ALL804.

– LMTA proxectada, de 804 m de lonxitude, a 20 kV, en condutor LA-110 mm² Al, con orixe no apoio proxectado núm. 10-1 do tipo C-14/4500 da LMTA DC ALL803-ALL804 e final no apoio proxectado núm. 15 do tipo C-14/3000 da LMTA DC ALL803-ALL804.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2.233 do Coeticor, o 26.6.2023.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación se poderá examinar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 15 de novembro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2023/136-3.

Situación: lugar de Campiñas, concello de Allariz.

Denominación: adecuación LMTA DC ALL803-ALL804 lugar de Campiñas (Allariz).

Predio núm. en proxecto: 3; referencia catastral: 32002A082000810000WE.

Lugar: Viñas.

Cultivo: matogueira.

Titular: herdeiros de Nieves Pérez Otero.

Afeccións do apoio: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 9.

Predio núm. en proxecto: 6; referencia catastral: 32002A082001630000WF.

Lugar: Recostro.

Cultivo: matogueira.

Titular: herdeiros de Julio Fuentefría Ferradas.

Afeccións do apoio: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 13.

Predio núm. en proxecto: 8; referencia catastral: 32002A083007760000WT.

Lugar: Fonte do Santo.

Cultivo: matogueira.

Titular: herdeiros de Rosario Álvarez Ferreiro.

Afeccións do apoio: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 15.