DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2023 Páx. 68130

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 24 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se acorda notificar a resolución de arquivamento da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia por non ser posible a notificación persoal as persoas interesadas, PO-2023/00404 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), por non ser posible a notificación persoal as persoas interesadas, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de arquivamento da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Pontevedra, 24 de novembro de 2023

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

PO-2023/00404

35292421W

PO-2023/00404

D366979

PO-2023/00464

39515084A

PO-2023/00464

YE534733

PO-2023/00491

32820363F

PO-2023/00491

GC198270

PO-2023/00518

36113625Z

PO-2023/00518

220057883