DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2023 Páx. 68165

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 2 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento BS626F (expediente 15058001520R).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación da resolución do recurso de alzada ditada no procedemento no último domicilio da persoa interesada citada no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázase para ser notificada do dito acto administrativo.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderá comparecer para ter coñecemento do contido íntegro do referido acto e do seu expediente advertíndolle que, de non facelo, se terá por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

A persoa interesada poderá comparecer persoal ou debidamente representada na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Esta resolución pon fin á vía administrativa, e contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación, practicada por comparecencia, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 2 de novembro de 2023

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

DNI/NIE/ID

Resolución do recurso de alzada

Data da resolución

15058001520R

32754839X

Desestimación

6.9.2023