DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2023 Páx. 67956

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2023 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta entidade.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta entidade

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo vacante que se indica no anexo I desta resolución, cuxas funcións se encontran publicadas na Resolución do 1 de decembro de 2022, pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba a modificación da súa estrutura organizativa, publicada no DOG nº 235, do 13 de decembro.

Segundo. Poderá concorrer a ela o persoal laboral e funcionario de carreira da Xunta de Galicia e o persoal laboral fixo do Instituto Galego de Promoción Económica que reúna os requisitos sinalados no anexo I.

Terceiro. As solicitudes dirixiranse ao Instituto Galego de Promoción Económica e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos no prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II. Para achegar a dita solicitude, na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal está dispoñible o formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A, e para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán unir á petición un curriculum vitae que xustifique documentalmente os méritos que aleguen.

Quinto. A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sexto. O prazo da toma de posesión será de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia; de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia, ou de vinte días hábiles, se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ao da publicación da resolución no DOG.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG.

Sétimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2023

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO I

Denominación do posto: subdirector/a de Análise de Operacións.

Código: IN.IGAPE.00.002.4050202.

Consellería: Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Dependencia: Instituto Galego de Promoción Económica. Área de Financiamento.

Localidade: Santiago de Compostela.

Forma de provisión: libre designación.

Grupo/subgrupo: A1/I-04.

Retribución anual: 57.728,46 €.

Tipo de adscrición: persoal funcionario e persoal laboral da Xunta de Galicia/persoal laboral fixo do Igape.

missing image file