DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2023 Páx. 68037

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Real Federación Galega de Fútbol

ANUNCIO de modificación de estatutos.

Producida a aprobación pola Administración deportiva autonómica da modificación dos estatutos da Real Federación Galega de Fútbol, acordada pola súa asemblea xeral na reunión extraordinaria do 10 de agosto de 2023, de conformidade co artigo 54.7 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, procédese ao anuncio da modificación dous seus estatutos, do cal foi depositada copia íntegra no Rexistro de Entidades Deportivas e Deportistas de Galicia e na Secretaría Xeral para o Deporte e publicados na páxina web da propia Real Federación Galega de Fútbol (www.futgal.es).

A Coruña, 17 de novembro de 2023

Rafael Louzán Abal
Presidente da Real Federación Galega de Fútbol