DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2023 Páx. 68001

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 17 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos BS650A e BS650G.

Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, intentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por efectuadas as notificacións ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte á data da súa notificación efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 17 de novembro de 2023

María Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO I

Procedemento BS650A:

Núm. de expediente

Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar persoa interesada

Resolución e data

36/00759-I/13

47353280Y

Suspensión 25.9.2023

ANEXO II

Procedemento BS650G:

Núm. de expediente

Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar persoa interesada

Resolución e data

36/00800-X/12

77415212H

Extinción 17.10.2023

36/00648-X/14

34483784E

Extinción 17.10.2023

36/00300-X/18

77422254E

Extinción 18.10.2023

36/00116-X/21

X3290965X

Extinción 18.10.2023

36/00849-X/21

39450612T

Suspensión 25.9.2023

36/00857-X/21

Y0153377G

Suspensión 25.9.2023