DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2023 Páx. 67678

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de suspensión de licenzas no lugar da Granxa, na parroquia de Dorrón (expediente 7875/2023).

O Pleno da Corporación municipal, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 19 de outubro de 2023, adoptou por maioría absoluta dos seus membros o acordo que a seguir se transcribe:

Primeiro. Suspender os procedementos de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos e edificación no ámbito identificado no resumo executivo incorporado a expediente coa finalidade de estudar a modificación da ordenación urbanística no lugar da Granxa, na parroquia de Dorrón, durante o prazo dun ano desde a publicación deste acordo ou, se é o caso, ata a aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal cando esta teña lugar dentro do prazo de vixencia da suspensión facultativa.

O contido e alcance da suspensión son os que se determinan no resumo executivo incorporado ao expediente.

Segundo. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e nun dos periódicos de maior circulación da provincia.

O expediente poderá ser consultado por calquera interesado nas dependencias municipais. Así mesmo, na sede electrónica do Concello de Sanxenxo (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal) estará dispoñible o resumo executivo e os ámbitos afectados pola suspensión de licenzas.

Sanxenxo, 20 de outubro de 2023

Telmo Martín González
Alcalde presidente