DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2023 Páx. 67649

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de ratificación do convenio mixto de planeamento e execución para os efectos de estudar unha nova ordenación da marxe dereita do sector 10-Parque Ofimático (expediente 620/2022/463).

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria do 5 de outubro de 2023, acordou ratificar o convenio mixto de planeamento e execución para os efectos de estudar unha nova ordenación da marxe dereita do sector 10-Parque Ofimático, asinado polos propietarios da parcela nº 4 o 1 de marzo de 2023 (CSV 6X5U3D650C2Z461P0HGB), da parcela nº 5 o 1 de marzo de 2023 (CSV 0B3V553V2W1Z4Q3H010T) e da parcela nº 9 o 6 de marzo de 2023 (CSV 1V29694Z0K293D2X0C1X).

O texto íntegro destes convenios publicouse no Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 206, do 27 de outubro de 2023.

A Coruña, 6 de novembro de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto 4538/2023, do 21 de xuño; BOP núm. 121, do 27 de xuño)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área de Economía e Planificación Urbana