DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2023 Páx. 67505

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 13 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental, da solicitude de ampliación da concesión de explotación Couso 2784 (PO/C/02784), situada no concello de Ponteareas (Pontevedra).

En cumprimento do disposto no artigo 23 da Lei 3/2008, do 23 do maio, de ordenación da minería de Galicia, no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 do decembro, de avaliación ambiental, e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 do xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras sométese ao trámite de información pública o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental da solicitude de ampliación da concesión de explotación Couso núm. 2784 (PO/C/02784), situada no concello de Ponteareas, provincia de Pontevedra.

O que se fai público para o coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan examinar a documentación e presentar as alegacións que consideren oportunas no prazo de trinta (30) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto de ampliación e o plan de restauración é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida ampliación de explotación está suxeito a avaliación ambiental ordinaria, segundo o previsto na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

A consulta da documentación realizarase preferentemente a través do portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Cando sexa indispensable a atención persoal, poderase acudir ás dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Pontevedra, avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 50.

As posibles alegacións presentaranse por escrito ante este órgano administrativo e presentaranse en calquera oficina das previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 13 de outubro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra