DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2023 Páx. 67384

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 28 de novembro de 2023 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual, convocadas pola Orde do 19 de xullo de 2023.

Mediante a Orde do 19 de xullo de 2023 (DOG do 28 de agosto) regúlase o procedemento para a concesión das axudas económicas para o alumnado que realiza a formación práctica en centros de traballo ou FP dual durante o ano 2023.

O artigo 11 establece que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicará o anuncio da exposición das listaxes definitivas das persoas beneficiarias, coa indicación da contía que lle corresponde a cada alumno/a, no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a exposición das listaxes definitivas das persoas beneficiarias das axudas concedidas e nas contías que se indican, correspondentes ao ano 2023 (prazo maio), nos centros educativos colaboradores na xestión desta convocatoria de axudas e na Base de datos nacional de subvencións prevista no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades