DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2023 Páx. 67290

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 29 de novembro de 2023 polo que se dá publicidade das resolucións da mesma data polas que se convocan concursos públicos para a contratación de persoal docente e investigador.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), en diante, LOSU; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro (DOG do 22 de febreiro), da Xunta de Galicia, esta reitoría, en uso das competencias recoñecidas pola LOSU, resolve anunciar as convocatorias de concurso público nas seguintes categorías:

AS2302. Profesor/a asociado/a T3: 4 prazas.

LA2302. Listas de substitución: 11 prazas.

A información completa pode consultarse na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal), así como na páxina electrónica https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, seleccionando «emprego» e despois «concursos de profesorado». Para outra información e aclaración de dúbidas, poden dirixirse ao teléfono 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e débense dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos en cada convocatoria.

Vigo, 29 de novembro de 2023

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo