No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 208, do 27 de outubro de 2023, publícase a aprobación, mediante a Resolución da Alcaldía 2023-1884, do 30 de agosto de 2023, da rectificación do erro material do Decreto 2022-2468, do 16 de decembro de 2022, publicado no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 26 de decembro de 2022, polo que se aproban a convocatoria e as bases xerais e específicas que regulan o proceso selectivo de estabilización e consolidación do emprego temporal e creación de bolsas de traballo. Como consecuencia do anterior, ábrese un novo prazo de vinte (20) días hábiles para a presentación de instancias, na denominación de Oficios Varios, con código da praza 02.01.02.23, de persoal laboral, grupo 4, e a data de publicación no BOE será a que servirá para o cómputo do prazo da presentación.
Ponteareas, 7 de novembro de 2023
Mª Nava Castro Domínguez
Alcaldesa presidenta