DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2023 Páx. 67370

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Lápiz y Papel, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución da cooperativa.

En cumprimento do disposto no artigo 87 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que na asamblea xeral universal de Lápiz y Papel, S. Coop. Galega, que tivo lugar o 20 de setembro de 2023, se acordou por unanimidade de votos a disolución de Lápiz y Papel, S. Coop. Galega. Quedan como liquidadoras Paula González Fernández e Paulina Fernández Sousa.

Vigo, 13 de novembro de 2023

Paula González Fernández
Paulina Fernández Sousa
Liquidadoras