DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2023 Páx. 67348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 20 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT TRO708, CT Toural, no concello de Vigo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT TRO708, CT Toural, no concello de Vigo, segundo o calendario e horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 20 de novembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/093-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT TRO708, CT Toural.

Concello: Vigo.

Predio

Referencia catastral

Titularidade

Data

Hora

1

5074721NG2757S0001AX

Desconocida

23 de febreiro de 2024

11.30