DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2023 Páx. 67344

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, da instalación eléctrica regulamentación LMT TC BCR803/BCR804/BCR805 apoios T3, T4 e T5 no concello de Becerreá (expediente 2020/64 AT).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo para os efectos de notificación na avenida de San Luis, 77, 28033 Madrid, aprécianse os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 15 de marzo de 2023, a empresa solicita a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica regulamentación LMT TC BCR803/BCR804/BCR805 apoios T3, T4 e T5 no concello de Becerreá, logo de autorizarse o preceptivo proxecto das instalacións (DOG núm. 64, do 7 de abril de 2021) a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e xunta a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado.

Segundo. A declaración de utilidade pública someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante a Resolución desta xefatura territorial do 17 de abril de 2023. Esta resolución foi publicada no diario La Voz de Galicia do 28 de abril de 2023 e no DOG do 26 de maio de 2023, no taboleiro de anuncios da citada xefatura territorial e no taboleiro de anuncios do concello de Becerreá. Con esta resolución inseríase a relación de bens e dereitos afectados.

Así mesmo, efectuouse notificación individual aos interesados incluídos na referida relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro. Durante o trámite de información pública presentaron alegacións Ana Mª Vilariño Regal e Ana Isabel Gómez Vilariño, as cales se trasladaron á empresa; esta contestou manifestando que no predio hai un erro catastral, que as titulares propostas recoñecen e achegan na súa resposta a referencia catastral correcta.

A estes feitos son de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A esta xefatura territorial correspóndelle resolver sobre a presente solicitude, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Industria e Innovación, e tendo en conta o Decreto 9/2017 do 12 de xaneiro (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da citada Lei 24/2013 e os regulamentarios previstos nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. Sen prexuízo do anterior, cómpre ter en conta que consonte o artigo 151 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en calquera momento a empresa beneficiaria e os titulares dos bens e dereitos poden convir un mutuo acordo, o que causaría a correspondente conclusión do expediente expropiatorio.

De acordo co exposto e en virtude das competencias que ten atribuídas, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica obxecto do presente expediente, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Por isto, en cumprimento do disposto neste artigo, acórdase que polo representante da Administración se dea comezo, na data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ao levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación de bens e dereitos publicada no diario La Voz de Galicia do 28 de abril de 2023 e no Diario Oficial de Galicia do 26 de maio de 2023, expostas no taboleiro de anuncios desta xefatura territorial e no taboleiro de anuncios do concello de Becerreá. Así mesmo, faise constar que ata o momento do levantamento das actas previas poderanse formular as alegacións que se consideren oportunas, para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados que foi obxecto de publicación nos medios e nas datas anteriormente referidos. Estas alegacións deberanse presentar por escrito perante esta xefatura territorial de Economía, Industria e Innovación (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación/publicación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/becerrea4

Lugo, 13 de novembro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo