DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2023 Páx. 67295

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 21 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada outorgada a Naturleite, S.L. para unha láctea no concello de Meira (Lugo) (expediente 2020-IPPC-M-71).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31.12.2016), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de produción e envasado de leite

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Naturleite, S.L.

Núm. rexistro AAI: 2007/0001_NAA/IPPC_063

Localización: concello de Meira (Lugo)

Expediente: 2020-IPPC-M-71

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou, de xeito presencial, na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático