DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 5 de decembro de 2023 Páx. 67097

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2023 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos.

Unha vez presentada a renuncia dun vogal titular e do presidente suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas por Daniel Beiras García-Sabell como vogal titular e por Alberto Feijóo Rodríguez como presidente suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do dito tribunal a Alberto Feijóo Rodríguez, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos.

Terceiro. Nomear como presidente suplente do dito tribunal a Javier Fraga Vázquez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública