Manifestada causa de abstención por parte de María Dolores Tobío Barreira, vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo I, grupo II, grupo III, categoría 62, e grupo IV, de persoal laboral fixo da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga), entidade instrumental do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, e ante a perda, consecuentemente, da súa condición de membro do citado tribunal,
DISPOÑO:
Primeiro. Nomear, como vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo I, grupo II, grupo III, categoría 62, e grupo IV, de persoal laboral fixo da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (Funga), entidade instrumental do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, en substitución de María Dolores Tobío Barreira, a María Sagrario García Batalla, funcionaria do corpo facultativo superior, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Segundo. Publicar a presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no portal web corporativo https://www.funga.org
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2023
Juan José Couce Prego
Director xerente da Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas