DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2023 Páx. 66950

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 13 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Brión (expediente IN407A 2023/358-1).

Expediente: IN407A 2023/358-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Tembra.

Concello: Brión.

1. Características técnicas:

Modificación, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15013B501001430000MX, sita no lugar de Tembra, do apoio núm. 74-24 (matrícula: 9XDL87WG) de formigón tipo S-AL-HV-400/15 pertencente á arquitectura do treito da LMT NEG-805 autorizado no expediente 50.681, de alimentación ao CT Cantelar, consistente na instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) dotado de xogo de pararraios autoválvulas e de novos elementos de protección e manobra tipo XS. Con esta actuación, o apoio adquirirá a condición de apoio frecuentado.

Instalación, na parcela con referencia catastral 15013B501001430000MX, sita no lugar de Tembra, dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva).

Nova liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 85 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm2 Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) para instalar no apoio núm. 74-24 modificado e remate en cela de liña do CT proxectado.

Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) actualmente alimentada polo CT Cantelar (expedientes 50.681 e IN407A 2016/214-1/matrícula: 15AL59), que resultará parcialmente descargado, mediante da instalación de dous (2) circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) de 2×30 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×150 mm2 Al), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente para realizar nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados en apoio de formigón tipo HV-630/11 existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Brión.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 13 de novembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Brión

LMT, CT e RBT Tembra.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza
do terreo

CT/núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

José Fandiño Carballo

15013B501001430000MX

Espadaneiro

Apoio núm. 74-24 (PA/S) e CT

15,45

2,3

6,9

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño. Matogueira