DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 4 de decembro de 2023 Páx. 66943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 25 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada da planta de tratamento e transformación de leite de Grupo Leche Río, S.A., en Sabón, concello de Arteixo (A Coruña) (expediente 2020-IPPC-M-50).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro de 2013), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

Documento técnico de Mellores técnicas dispoñibles (MTD). Planta Leyma. Grupo Leche Río.

Para que calquera persoa interesada poida consultalos e, se é o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, a documentación estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2020-IPPC-M-50.

Peticionaria: Grupo Leche Río, S.A. Instalación Sabón.

CIF: A27015965.

Enderezo social: avenida Benigno Rivera, s/n, 27003 Lugo.

Localización da instalación: avenida da Praia, parcela 136-138. Polígono industrial de Sabón, 15142 Arteixo (A Coruña).

Actividade: planta de tratamento e transformación de leite e produtos lácteos.

Descrición: o proceso produtivo consta de varias liñas de produción (leite UHT e pasteurizado enteiro, semidesnatado, desnatado, leite sen lactosa e nata) e inclúe as fases de recepción da leite, control de calidade, hixienización, estandarización, pasteurización, homoxeneización e tratamento UHT do leite segundo sexan necesarios, e a elaboración dos distintos produtos, envasado e almacenamento para a súa distribución.

Verteduras: segundo se recolle na documentación presentada, as verteduras xeradas pola planta de Sabón son:

– Augas residuais industriais: son tratadas na EDARI da instalación e, unha vez tratadas, canalízanse á rede de sumidoiros do polígono industrial.

– Augas sanitarias procedentes de aseos e vestiarios: son canalizadas á rede de sumidoiros.

– Augas pluviais: son canalizadas á rede de sumidoiros.