DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2023 Páx. 66745

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do estudo de detalle da parcela 45, API R31 parque de Eirís, A Coruña (expediente 631/2022/179).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 25 de outubro de 2023, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Estudo de detalle da parcela 45 do API R31 parque de Eirís para a construción dun centro de día. Xuño 2022, promovido pola Asociación de Dano Cerebral da Coruña (Adaceco) e redactado polo arquitecto Francisco Borreguero Villanueva.

En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello na epígrafe Información urbanística; na web de Urbanismo na epígrafe Exposición pública, e no visor Desenvolvemento do planeamento. Tamén poderá consultar fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas.

A Coruña, 31 de outubro de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto 4538/2023, do 21 de xuño;
BOP núm. 121, do 27 de xuño)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área
de Economía e Planificación Urbana