DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2023 Páx. 66647

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2023/041-1).

Expediente: IN407A 2023/041-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: renovación SCY803 entre CT 15CHQN e CR 15CI07.

Concello: Santiago de Compostela.

Feitos:

1. O día 3.2.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. Co obxecto de mellorar a calidade de subministración eléctrica, así como de incrementar a capacidade de transporte das liñas na contorna das rúa de Vedra e rúa do Hórreo, no concello de Santiago de Compostela, proxéctase poñer fóra de servizo varios tramos soterrados das liñas de distribución de media tensión LMT SCY803, procedentes da subestación San Caetano, e da LMT SNT804, procedentes da subestación Santiago, e substituílos por unha nova liña en nova canalización.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, e que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado Renovación SCY803 entre CT 15CHQN e CR 15CI07, asinado o día 11.1.2023 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, núm. colexiado LE-1010.

– Anexo, asinado o día 29.8.2023 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, núm. colexiado LE-1010.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, trasladóuselles unha separata do proxecto ás entidades afectadas, na parte en que a instalación puider afectar bens e dereitos ao seu cargo. A separata contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Así, solicitouse o informe preceptivo ao Concello de Santiago de Compostela, Demarcación de Estradas en Galicia e Adif.

A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes presentados polos ditos organismos no prazo outorgado para ese efecto (Demarcación de Estradas en Galicia e Adif).

4. O día 9.10.2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte a disposición transitoria primeira do Decreto do 22 de xuño polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).

Segunda. Lexislación de aplicación.

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas.

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas na contorna da rúa de Vedra e rúa do Hórreo, no concello de Santiago de Compostela, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Posta fóra do servizo dos seguintes tramos soterrados da LMT SCY803:

• Tramo núm. SCY8030915 (IN407A 2016/2224-1) pertencente á LMT SCY803 San Lázaro-Multiusos 3 (IN407A 2016/2224-1).

• Tramo núm. SCY8031017 (IN407A 2016/2224-1) con condutor RHV 12/20 kV 1×150 KAl+H16.

– Posta fóra do servizo dos seguintes tramos soterrados da LMT SNT804:

• Tramo núm. SCY8030985 (IN407A 2016/2224-1) con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 KAl+H16.

• Tramo núm. SNT8040184 (IN407A 2016/2235-1) con condutor RHV 12/20 kV 1×150 KAl+H16, pertencente á LMT SNT804, procedente da subestación Santiago.

• Tramo núm. SNT8040186 (IN407A 2016/2235-1) con condutor RHV 12/20 kV 1×150 Al+H16.

– LMTS (actuación 1) a 20 kV, de 121 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no empalme proxectado na LMT SCY803 San Lázaro-Multiusos 3 (IN407A 2016/2224-1), procedente da subestación San Caetano, na esquina entre a rúa de Vedra e a rúa do Hórreo, e remate no CR Ponte Seca (15CI07) existente.

– LMTS (actuación 2) a 20 kV, de 106 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CR Ponte Seca (15CI07) existente e remate no CT Talleres Castro (15CI44) existente.

– As liñas proxectadas discorrerán por unha nova canalización no interior de tubo de polipropileno de 160 mm de diámetro en gabia de dimensións de 0,40 metros de largo e de entre 0,80 e 1,20 metros de profundidade; instalaranse dous ou catro tubos de idénticas características, segundo o tramo, cunha lonxitude total de canalización proxectada de 157 m.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 20 de outubro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña