DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2023 Páx. 66627

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 17 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2021/00164 e dous máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas identificadas no anexo as súas respectivas resolucións de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, ben por resultar descoñecido o seu domicilio, ben porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

As resolucións foron ditadas pola persoa titular da xefatura territorial, cuxo texto íntegro, así como os seus respectivos expedientes, atópanse á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As resolucións mencionadas non poñen fin á vía administrativa, polo que poden ser recorridas en alzada perante a persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, as resolucións devirán firmes.

Lugo, 17 de novembro de 2023

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIE/Pasaporte

Acto notificado

LU-2021/00164

44495786D

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2015/00112

71516121J

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2013/00034

33998475J

Resolución de cancelación da inscrición