DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 1 de decembro de 2023 Páx. 66603

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2023 pola que se modifican as resolucións do 16 de novembro de 2023 polas que se convocan procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, na escala técnica de delineantes e de axentes técnicos de xestión ambiental, grupo B, nas escalas técnicas de mantemento de servizos, análise de laboratorio e de recursos naturais e forestais, especialidade de capataz, subgrupo C1, e na escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial, e escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos e bibliotecas, subgrupo C2, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

No Diario Oficial de Galicia núm. 221, do 21 de novembro de 2023, publicáronse as seguintes resolucións:

– Resolucións do 16 de novembro de 2023 polas que se convocan os procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica de delineantes e escala de axentes técnicos en xestión ambiental.

– Resolucións do 16 de novembro de 2023 polas que se convocan os procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos, escala técnica de análises de laboratorios e escala técnica de recursos naturais e forestais, especialidade de capataz.

– Resolucións do 16 de novembro de 2023 polas que se convocan os procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial, e escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos e bibliotecas.

Tendo en conta que o persoal laboral fixo dalgunhas categorías dos grupos III e IV do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia non tivo a posibilidade de acceder aos procesos de funcionarización, considérase necesario, logo da negociación coas organizacións sindicais, facilitar que o devandito persoal poida acceder, pola quenda de promoción interna, aos procesos selectivos convocados polas resolucións do 16 de novembro de 2023, sempre que cumpran os requisitos exixidos nas respectivas convocatorias.

Por conseguinte, e de conformidade co establecido na Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, e demais normativa concordante,

DISPOÑO:

1. Na base I.2.1 das resolucións do 16 de novembro de 2023 polas que se convocan os procesos selectivos para o ingreso na escala técnica de delineantes e escala de axentes técnicos en xestión ambiental, grupo B, en que se regulan os requisitos das persoas aspirantes pola quenda de promoción interna, modifícanse os puntos seguintes:

Parágrafo primeiro da base I.2.1.3 da escala de delineantes e I.2.1.4 da escala de axentes técnicos en xestión ambiental:

Pertencer como persoal funcionario de carreira a algún dos corpos ou escalas integrados no subgrupo C1 da Administración xeral e Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo administrativo ou corpo de axudantes de carácter facultativo) ou ter a condición de persoal laboral fixo pertencente ao grupo III do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Parágrafo primeiro da base I.2.1.4 da escala de delineantes e I.2.1.5 da escala de axentes técnicos en xestión ambiental:

Ter prestado servizos efectivos, durante polo menos dous anos, como persoal funcionario nalgún dos corpos ou escalas integrados no subgrupo C1 da Administración xeral e Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo administrativo ou corpo de axudantes de carácter facultativo) ou posuír dous anos de antigüidade como persoal laboral fixo do grupo III do Convenio colectivo único na categoría desde a cal accede.

2. Na base I.2.1 das resolucións do 16 de novembro de 2023 polas que se convocan os procesos selectivos para o ingreso na escala técnica de mantemento de servizos, escala técnica de análises de laboratorios e escala técnica de recursos naturais e forestais, especialidade de capataz, subgrupo C1, en que se regulan os requisitos das persoas aspirantes pola quenda de promoción interna, modifícanse os puntos seguintes:

Parágrafo primeiro da base I.2.1.3:

Pertencer como persoal funcionario de carreira a algún dos corpos ou escalas integrados no subgrupo C2 da Administración xeral e de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo auxiliar ou corpo de auxiliares de carácter técnico) ou ter a condición de persoal laboral fixo pertencente ao grupo III do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Parágrafo primeiro da base I.2.1.4:

Ter prestado servizos efectivos, durante polo menos dous anos, como persoal funcionario nalgún dos corpos ou das escalas integrados no subgrupo C2 da Administración xeral e de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo auxiliar ou corpo de auxiliares de carácter técnico) ou posuír dous anos de antigüidade como persoal laboral fixo do grupo III do Convenio colectivo único na categoría desde a cal accede.

3. Na base I.2.1 das resolucións do 16 de novembro de 2023 polas que se convocan os procesos selectivos para o ingreso na escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial, e na escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos e bibliotecas, en que se regulan os requisitos das persoas aspirantes pola quenda de promoción interna, modifícanse os puntos seguintes:

Parágrafo primeiro da base I.2.1.3:

Pertencer como persoal funcionario de carreira á actual agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou ter a condición de persoal laboral fixo pertencente ao grupo IV do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Parágrafo primeiro da base I.2.1.4:

Ter prestado servizos efectivos, durante polo menos dous anos, como persoal funcionario da actual agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou posuír dous anos de antigüidade como persoal laboral fixo do grupo IV do Convenio colectivo único na categoría desde a cal accede.

4. O prazo para presentar as solicitudes nos devanditos procesos selectivos comezará o dia seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG) e rematará o dia 22 de decembro de 2023.

5. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública