DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2023 Páx. 66247

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 17 de outubro de 2023 pola que se adxudican as bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2023/24, ao abeiro da Orde do 28 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á súa convocatoria (código de procedemento DE400A).

No Diario Oficial de Galicia núm. 151, do 9 de agosto, publicouse a Orde do 28 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2023/24, e pola que se procede á súa convocatoria.

No Diario Oficial de Galicia núm. 204, do 26 de outubro, publicouse a Resolución do 17 de outubro de 2023, pola que se adxudican as bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2023/24, ao abeiro da Orde do 28 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á súa convocatoria.

Na dita resolución adxudicouse bolsa de persoa colaboradora a Miriam García Vidal, a Carlos Bautista Bugarín e a Alessandro Iemma Plaza.

O 29 de outubro, o 1 de novembro de 2023 e o 13 de novembro de 2023 Miriam García Vidal, Carlos Bautista Bugarín e Alessandro Iemma Plaza comunicaron, respectivamente, a renuncia á súa praza.

O artigo 13.4 da Orde do 28 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2023/24, e pola que se procede á súa convocatoria, dispón:

«As baixas que se produzan unha vez publicada a listaxe definitiva teñen que ser comunicadas inmediatamente e por escrito ao enderezo de correo cgtd@xunta.gal para que poidan ser cubertas».

Tendo en conta que só había unha persoa na listaxe de reserva de persoas colaboradoras, Aaron Giadás Couselo, procede adxudicarlle a bolsa de persoa colaboradora na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2023/24.

Así mesmo, e verificado que o solicitante Saúl Bello Álvarez, que inicialmente saíu como excluído, motivado por non estar ao día nas obrigas coa AEAT, achegou certificado positivo de estar ao día, e considerando que conforme a proposta de resolución do 22.9.2022 cumpría os demais requisitos para ser beneficiario, cunha puntuación de 15 puntos, procede adxudicarlle bolsa de persoa colaboradora na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2023/24.

Logo da proposta da Secretaría Xeral para o Deporte e en virtude das atribucións que me foron concedidas,

RESOLVO:

Modificar a Resolución do 17 de outubro de 2023 pola que se adxudican as bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2023/24, ao abeiro da Orde do 28 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á súa convocatoria (código de procedemento DE400A), nos seguintes puntos:

– Adxudicarlles bolsa de persoa colaboradora na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2023/24 a Aaron Giadás Couselo e Saúl Bello Álvarez.

– Excluír da listaxe de persoas colaboradoras a Miriam García Vidal, Carlos Bautista Bugarín e Alessandro Iemma Plaza debido á comunicación da súa renuncia.

As persoas beneficiarias disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se produza manifestación expresa entenderase tacitamente aceptada.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes