DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2023 Páx. 66339

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade do esgotamento do crédito da aplicación 11.30.322C.472.0 prevista na Orde do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Xempre autónomo para a promoción do emprego autónomo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2023 (Diario Oficial de Galicia número 16, do 24 de xaneiro).

Primeiro. A Orde do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Xempre autónomo para a promoción do emprego autónomo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2023, prevé o seu financiamento a través da seguinte aplicación orzamentaria 11.30.322C.472.0, código de proxecto 2023 00102, cun crédito de 12.000.000 de euros.

Segundo. O artigo 4.3 da Orde do 9 de xaneiro de 2023 establece que a concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. De ser o caso, de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Terceiro. A Orde do 9 de xaneiro de 2023 establece no seu artigo 4.4 que a distribución provincial de créditos será directamente proporcional ao número de persoas paradas e a evolución do paro rexistrado no período 2017-2021 e inversamente proporcional á evolución da poboación no citado período. Se o orzamento asignado a cada provincia non é suficiente para pagar todas as axudas solicitadas aplicarase como criterio de prioridade o da de presentación en cada ámbito provincial.

Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentou, de acordo co previsto no artigo 8 desta orde. No caso de coincidencia na data de presentación entre dúas ou máis solicitudes presentadas que correspondan ao mesmo ámbito provincial, a orde de prioridade virá determinada pola hora.

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, por delegación da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito da aplicación orzamentaria 11.30.322C.472.0, código de proxecto 2023 00102, ao abeiro da Orde do 9 de xaneiro 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Xempre autónomo para a promoción e consolidación do emprego autónomo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2023, e da repartición provincial da contía con base no número de persoas paradas e a evolución do paro rexistrado no período 2017-2021 e inversamente proporcional á evolución da poboación no citado período.

Provincia da Coruña: correspóndelle unha contía de 3.960.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a TR341D-2023-283-01, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no punto 8 do artigo 15 da convocatoria o día 23 de marzo de 2023 ás 9.22 horas.

Provincia de Lugo: correspóndelle unha contía de 2.040.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi o expediente TR341D-2023-611-02, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no punto 8 do artigo 15 da convocatoria o día 13 de xullo de 2023 ás 16.19 horas.

Provincia de Ourense: correspóndelle unha contía de 2.040.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a TR341D-2023-590-03, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no punto 8 do artigo 15 da convocatoria o día 13 de xuño de 2023 ás 9.40 horas.

Provincia de Pontevedra: correspóndelle unha contía de 3.960.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a TR341D-2023-1324-05, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no punto 8 do artigo 15 da convocatoria o día 15 de marzo de 2023 ás 19.33 horas.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2023

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Apoio ao Emprego,
Traballo Autónomo e Economía Social