DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 30 de novembro de 2023 Páx. 66286

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 21 de novembro de 2023 pola que se fixan os prezos privados para a venda ao público de diversas publicacións.

O artigo 50 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón que «son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos a que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou a realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestándose tamén tales servizos ou actividades polo sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados».

Así mesmo, o artigo 51 da referida lei establece que «os prezos privados serán fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da de Economía e Facenda, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado en que operen, sen prexuízo de que excepcionalmente se poidan aplicar subvencións reguladoras. Para estes esfectos, a consellería correspondente remitiralle á de Economía e Facenda o proxecto normativo xunto coa memoria económica en que se xustifiquen os aspectos anteriores. A norma que fixe estes prezos deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia».

Na súa virtude, vista a proposta formulada pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e logo do informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único

1. Quedan aprobados os prezos privados de venda ao público das publicacións editadas pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse co IVE incluído.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades

ANEXO

In itinere. 30,00 €.

Mentindo con mestría: montaxes fotográficas de Augusto Pacheco (1948-1973). 17,00 €.

Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos (edición facsimilar). 17,34 €.